shape
Idioma
shape
Castellano
Galego
shape
TRANSPORTE ADAPTADO

      As persoas con discapacidade e as persoas maiores seguen padecendo a falta de transporte público adaptado, sobre todo que se adecúe ás súas necesidades diarias.
A ASCM intenta suplir esta carencia co servizo de transporte adaptado que oferta aos seus socios e a toda a cidadanía en xeral.
Para levar a cabo este servizo a entidade conta con furgonetas adaptadas, condutores e persoal de axuda para o acompañamento nos servizos.

Obxectivos do Servizo de Transporte Adaptado:

- Fomentar a independencia da autonomía das persoas con mobilidade reducida.


- Permitir que as persoas con discapacidade poidan realizar as mesmas actividades que o resto das persoas, tanto no campo cultural, lúdico, educativo ou sanitario.

- Garantir a escolarización das persoas con mobilidade reducida.


- Cubrir o servizo que non cobre o transporte público.


- Atender as necesidades das persoas maiores con dificultades para desprazarse.


- Tivemos no 2015, 355 usuarios e realizamos 95.000 quilómetros.