ACCESIBILIDADE
A accesibilidade é un aspecto crucial para a inclusión das persoas con minusvalidez e para o benestar da sociedade en xeral.
A ASCM pretende concienciar á cidadanía sobre a necesidade de facer unha cidade accesible, eliminando as barreiras arquitectónicas que existen na actualidade. Para iso traballa día a día na consecución deste obxectivo.
Este ano, grazas a colaboración do Concello de Narón estamos a facer un estudo das Barreiras Arquitectónicas Urbanísticas con que conta este municipio. Soamente na zona en alto do Castiñeiro, detectáronse máis de 100 «puntos negros» que deberán eliminarse.
Ademais a entidade segue participando na Comisión Municipal sobre Eliminación de Barreiras Arquitectónicas dos Concellos de Ferrol e Narón.
No mes de novembro a ASCM presentou un proxecto para a creación dunha rampla na entrada principal da Casa do concello ferrolano e facer accesible este espazo público.
E como outros anos, continuamos coa nosa «Campaña de Multas Simbólicas».