shape
Idioma
shape
Castellano
Galego
shape
DEPORTES ADAPTADOS

      Un dos principais obxectivos da ASCM é lograr a plena integración das persoas con minusvalidez e que poidan levar unha vida normal. Por este motivo, a entidade fomenta a práctica deportiva entre as persoas con mobilidade reducida, conformando equipos, actividades, exhibicións...

Este ano, destacamos a participación en Campionatos mundiais, nacionais e autonómicos, alcanzando os primeiros postos en moitos destas competicións.

A ASCM conta coas seguintes modalidades deportivas:


Abeconsa-Basketmi: Temos un equipo de baloncesto en cadeira de rodas na División de Honra A, á cal ascendeu no 2015.

Escola Basketmi-Ferrol Adaptada: Dirixida por xogadores veteranos do club mais o adestrador co obxectivo de garantir o futuro do Basketmi con xogadores da propia canteira.

Tenis: Álvaro Illobre, Campión Máster Nacional 2010; Roberto García, Campión Ferrol, Pedro Paz; Subcampión Open de Ferrol......

Tenis de mesa: Alberto Nuevo, 2º no III Trofeo Grumico.

Tiro: destaca a actuación de Manuel Brage Vila, Subcampión Nacional.

Boccia: O equipo da ASCM logrou clasificarse para o Campionato Nacional.

Natación: Un grupo da ASCM acode semanalmente a natación.

Vela: Manuel Brage Amadou, 3º no Campionato Galego.

Minusatle-Atletismo: «Volta a Ría de Ferrol». A ASCM alcanzou o 3º posto.

Micoteam-Automobilismo: Celebración do Rally Social «Cidade de Ferrol».