shape
Idioma
shape
Castellano
Galego
shape
ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL

       Un paso importante para lograr a plena integración das persoas con discapacidade na sociedade, é a busca dun posto de traballo. A ASCM conta cun servizo de orientación e intermediación laboral atendido por unha psicóloga, unha auxiliar administrativo e a colaboración dos voluntarios da entidade.

A Asociación Sociocultural de Minusválidos conta na actualidade cunha bolsa de emprego que inclúe sobre 800 persoas das cales un 75% son homes.

Durante o 2015, este servizo logrou que máis dun 24% dos despedidos inscritos, alcanzasen un posto de traballo, uns datos moi significativos habida conta a situación económica do país.

Este departamento encárgase ademas de realizar o "Proceso de Inserción", baseado en:

- Un estudo individualizado de cada un dos demandantes de emprego mediante unha entrevista persoal.

-Recollida do seu currículo.

- Inclusión nun grupo en función do perfil laboral.

- Preparación para a inserción no mercado laboral.

- Orientación formativa e formación.

- Inserción e seguimento do contratado.

Ademais o servizo de orientación e intermedicación laboral encárgase de asesorar as empresas sobre os incentivos e subvencións ás que pode acceder ao contratar persoas con discapacidade.