shape
Idioma
shape
Castellano
Galego
shape
VOLUNTARIADO

     No mes de decembro durante o acto de entrega do premio ao mellor voluntario da ASCM 2010, o presidente da entidade, Ángel Gárate, dicía "Sen os voluntarios, moitas cousas das que facemos hoxe non serían unha realidade, eles son un piar básico da nosa asociación, por iso aínda que hoxe premiamos unha soa persoa, queremos premiar a todas". Con estas palabras Ángel Gárate definía e agradecía o gran traballo que realizan a diario os voluntarios da ASCM.

Un equipo de case 50 persoas conforman o voluntariado, que sen obter nada a cambio, presta todo o seu apoio ao desenvolvemento das actividades que organiza a ASCM, mesmo nalgún caso, son eles mesmos os que as dirixen. Este grupo, reúnese periodicamente coa técnica de voluntariado, para programar, deseñar e mesmo avaliar as iniciativas propostas.

Este ano, o premio ao voluntario 2015 foi para Nicolas Cavero. O acto de entrega tivo lugar na tradicional cea de nadal da entidade.

Grazas Nico, grazas a todos eles por estar connosco cando vos necesitamos!!!